A antiga escola de Barro será un espazo de convivencia veciñal

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

O goberno municipal, seguindo co obxectivo de poñer a disposición da veciñanza os espazos e edificios públicos, estanse a executar obras nos terreos e no edificio da antiga escola do lugar de Barro.

As obras consisten na limpeza e peche da parcela, coa instalación dun parque infantil que conta cun orzamento de 13.158,75 euros e a recuperación do antigo edificio da escola, paracrear un centro social que sirva para dinamizar a vida da parroquia.

Para estas obras na escola, o Concello vai investir máis de 37.000 euros e a comunidade de montes da parroquia aportará outros 10.000 euros que se utilizarán para ampliar as actuacións no edificio.

O Concello e a comunidade de montes asinarán un convenio onde, ademais de recollerse esa achega económica, o Concello porá á disposición da comunidade ese local para que o poidan utilizar nas súas actividades. Estas instalacións tamén poderán ser utilizadas polas distintas entidades e asociacións do resto do concello.

Para o alcalde de Barro, Xosé Manuel Abraldes, este é “un exemplo máis” das actuacións que o goberno municipal ven facendo para poñer en uso instalacións municipais totalmente abandonadas, “para que os nosos veciños e veciñas poidan gozar delas”.

Asegura que “crear espazos de convivencia e de relación social é fundamental para dinamizar a vida das nosas parroquias ao mesmo tempo que recuperamos elementos importantes do noso patrimonio”.

http://pontevedraviva.com/xeral/41146/antigua-escuela-barro-espacio-convivencia-vecinal/

5a0970dfe0-img_6792

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s