
Unha muller resultou ilesa na noite do luns despois de levar por diante a tres xabarís que se lle cruzaron na autoestrada AP-9 ao seu paso polo termo municipal de Barro.
Segundo informou o 112 Galicia, os feitos tiveron lugar sobre as 23.10 horas do luns na contorna do quilómetro 119 da AP-9, sentido Santiago.
Foi a propia afectada a que chamou ao 112 Galicia para explicar o ocorrido e, segundo dixo, aínda que non resultara ferida, permanecía detida na vía.
O persoal da central de urxencias do 112 informou da situación á Garda Civil de Tráfico e ao persoal de mantemento da Autoestrada do Atlántico.
