Barro logra un compromiso da Xunta para pedir o cambio de trazado do enlace da A-57 en Curro

O alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, continúa coas xestións para abraldesconseguir o cambio de trazado para o enlace da autovía A-57 en Curro e logrou un compromiso da Consellería de Infraestruturas da Xunta de Galicia para defender esta modificación ante a Demarcación de Carreteras do Estado.

alcalde tivo unha reunión coa conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez Mourelle, co obxectivo de conseguir o seu compromiso para defender a mesma posición que ten o Concello para que se descarte a alternativa actual que manexa o Ministerio de Fomento.

Fernández Abraldes reuniuse coa conselleira porque nas obras previstas para o remate da A-57 en Curro está afectada a estrada de titularidade autonómica PO-531. A denominada alternativa ‘CO-3 con melloras’ ten un “grande impacto” ao enlazar co nudo de Curro e o alcalde de Barro buscaba un frente común coa Xunta para que se cambie pola alternativa ‘CO-5’, que levaría o último treito deste proxecto a enlazar na zona da actual peaxe da autopista.

Segundo informou o Concello, a conselleira manifestoulle ao alcalde que defenderían a mesma alternativa nunha reunión que se celebrará proximamente a tres bandas entre a Demarcación de Carreteras do Estado, o Concello e a propia Xunta de Galicia.

http://pontevedraviva.com/xeral/40649/alcalde-barro-reunion-conselleira-infraestruturas-defender-conxuntamente-cambio-trazado-enlace-autovia-a57/

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s