O alcalde de Barro, reuniuse onte co xefe da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia para abordar a situación do proxecto da A-57. O encontro foi solicitado polo rexidor unha vez aprobada a declaración de impacto ambiental (DIA) da estrada sen que se haxan tendo en conta as alegaciones do Concello.
Fernández Abraldes solicitará agora unha entrevista urxente co Ministerio de Medio Ambiente para aclarar por que non se tivo en conta o cambio de posición de Fomento e as alegaciones municipais. Ademais solicitará a implicación da Xunta, titular da PO-531, na defensa da posición do Concello.