O BNG de Barro celebra os dous anos de mandato

O BNG de Barro celebrou  unha cea aberta aos veciños do concello con motivo dos dous anos de chegada de Xosé Manuel Abraldes á alcaldía do goberno municipal, mais de  300 persoas asistiron ao evento no que participou a portavoz nacional da formación política, Ana Pontón.

A máxima responsable do BNG sinalou que os gobernos municipais da formación nacionalista son os que marcan a diferenza en Galicia e engadiu que “o BNG sabe mellorar a vida das persoas e transformar os lugares”,“Hai xente que pensa que as institucións son súas, e nós cremos que estamos alí de paso, para servir e axudar a facer concellos mellores”.

Pola súa banda, Xosé Manuel Abraldes sinalou que en dous anos cambiáronse as dinámicas sociais de Barro, facendo unha aposta pola calidade de vida da xente e implicar a todos os colectivos sociais a través dunha política de participación e transparencia “Logo de 32 anos, houbo un cambio de rumbo. Chegamos. Con transparencia. Queda moitísimo por facer, e Todo o que resolvemos foi grazas a un feixe de persoas que nos están botando unha man. Todo o equipo de goberno merece o meu agradecemento, e por suposto a toda a xente do BNG, ás dúcias de voluntarios/as que nos axudan nas actividades que organizamos no concello.
Agora hai dinamismo en Barro, actividades, movemento, as veciñas/os coméntannos que xa non teñen que ir a Caldas e a Pontevedra a reallizar calquera actividade ou a ocupar o seu tempo de ocio. En definitiva, Barro está en marcha”.

Á cea asistiron concelleiros nacionalistas do Concello de Pontevedra como Anxos Riveiro, Luís Bará e Demetrio Gómez.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s