
O Concello de Caldas de Reis acolleu hoxe unha reunión de políticos e técnicos para valorar o servizo do Centro de Información á Muller (CIM). Segundo comentaron fontes municipais, ao encontro asistiron os alcaldes de Caldas, Portas e Barro (Juan Manuel Rei, Víctor Estévez e Xosé Manuel Fernández Abraldes) e as técnicas que integran o servizo. Destacouse o labor «magnífico» e a «calidade» do servizo. En canto á renovación do convenio de colaboración para a prestación do CIM en Barro e Portas, Caldas propuxo a eses concellos un incremento de 1.600 a 2.000 euros anuais. Os dous regidores comentaron que o tiñan que consultar con Tesorería, «xa que a estas alturas dos orzamentos estaban pechados». «Van facer todo o posible, xa que a calidade do servizo do CIM e a cidadanía o merece», apuntaron desde o goberno de Caldas.
