Froiz e outras seis empresas compran máis parcelas en Barro-Meis

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

O Grupo Froiz adquiriu novas parcelas no polígono de Barro-Meis. A venda de 10.000 metros cadrados de terreo xa fora aprobada pola Deputación no mes de abril, por un importe 1.150.000 euros.  Nos últimos días asinouse a venda desta parcela xunto coas doutras sete para seis empresas que tamén adquiriron espazos no polígono cunha extensión de 16.613 metros cadrados e un importe que rolda os 1,8 millóns de euros.

Estas empresas son a firma de enerxías renovables EDF Solar S.L., o cocedero Mariscos Alumar, a empresa de transportes José Benito González Villaverde, o importador de froitas TC Grupo Atlántico SL, Frutas Moncho e a firma de transportes Bavalent SL (que comprou dúas parcelas).

A día de hoxe están vendidas un total de 34 parcelas que suman ao redor de 140.000 mmetros cudrados e están outras dúas pendentes de firma en próximas datas.  Quedan outras 40 parcelas á venda e que poden ser adquiridas ata abril do 2018.

FROIZ

Coa última adquisición de terreo o Grupo Froiz adquiriu un total de 16 parcelas en Barro Meis para a instalación do seu Centro Loxístico nesta localización estratéxica. Con esta compra Froiz é propietaria dunha superficie de 82.000 metros cadrados.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, expresou o seu agradecemento ao empresario “modelo” Magín Alfredo Froiz “pola súa aposta pola economía en Galicia” e polo seu “compromiso” coa provincia de Pontevedra.

Pola súa banda Magín Alfredo Froiz, recentemente recoñecido polo Goberno coa Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo, agradeceu o compromiso das administracións co seu proxecto “parte del mérito es de la presidenta de la Diputación y del alcalde de Barro”.

Ademais explicou que a última parcela adquirida destinarase á plataforma de conxelados cuxa contrucción está previsto iniciar o próximo ano. “Espero que sea la primera de las fuertes” dixo respecto ao gran proxecto de Centro Loxístico do que a súa nave máis grande “nos queda un poquito más”.

O alcalde de Barro, Xosé Manuel Abraldes, mostrou a súa satisfacción polo “tipo de empresas que chegan ao polígono que non crean problemas e serven para atraer a outras”.

abraldes barro

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s