O PP reclama melloras para as estradas provinciais de Barro, Campo Lameiro, Ponte Caldelas e A Lama

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

Deputados provinciais do Partido Popular visitaron os concellos de Barro, Campo Lameiro, Ponte Caldelas e A Lama, onde reclamaron melloras para as súas estradas provinciais.

Xunto cos alcaldes e voceiros populares destes concellos, sinalaron que varias vías da comarca precisan de actuacións urxentes, nalgúns casos de limpeza, mantemento e sinalización, e noutros, para repoñer muros derrubados, ensanchar o trazado da estrada ou mellorar o pavimento.

Por iso, a voceira Nidia Arévalo apuntou que o grupo provincial defenderá no próximo pleno da Deputación unha moción para pedir ao goberno provincial compromisos claros con estas actuacións.

Sobre o proxecto de estradas provinciais que acaba de presentar o goberno provincial, Ángel Moldes di que “é unha clara resposta ás múltiples denuncias que o PP leva facendo nos últimos dous anos”.

http://pontevedraviva.com/xeral/37685/pp-reclama-melloras-estradas-provinciais-barro-campo-lameiro-ponte-caldelas-lama/

pp pontevedra

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s