Barro destinará 100.000 euros do Plan Concellos a ampliar a rede de saneamento

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

Un total de 100.000 euros, financiados con cargo do Plan Concellos da Deputación, servirán para custear a ampliación do servizo de saneamento aos núcleos da Estación de Portela – Güimil e Fonte de Curro.

Unha vez rematados estes traballos, darán servizo a unhas 35 vivendas, que se poderán conectar de forma inmediata á rede.

Os dous proxectos foron adxudicados a Construcciones Vale S.L., por ser a empresa que ofertou as melloras económicas máis altas en ambos os dous casos.

O proxecto Fonte de Curro conta cun orzamento de 50.098,70 euros, cunha mellora económica de case 21.000 euros, e o proxecto da Estación de Portela-Güimil, cun orzamento de 48.728,91 euros, tivo unha mellora económica de 21.450 euros.

Con esta segunda actuación iníciase a rede que vai servir para sanear todos os lugares de Güimil e Casás, da parroquia de Agudelo, con futuros tramos que se irán realizando nas vindeiras anualidades, seguindo co criterio do goberno municipal de facer investimentos de saneamento naqueles lugares nos que poida entrar en funcionamento ao conectarse xa directamente ás depuradoras existentes.

Ademais do investimento de saneamento do Plan Concellos, o goberno municipal vén de contratar á empresa Teswater Global S.L. un estudo por importe de 4.000 euros para definir a localización de novas depuradoras nas parroquias do concello que hoxe carecen dese servizo básico.

http://pontevedraviva.com/xeral/37705/barro-destinara-100000-euros-plan-concellos-ampliar-red-saneamiento/?lang=gl

concello de barro

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s