A mostra “Sorrisos transformadores” chega a Barro

A deputada de Igualdade, Isaura Abelairas, será a encargada de inaugurar hoxe, ás 13:00 horas xunto o alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, a mostra “Sorrisos Transformadores”, un proxecto fotográfico para visibilización do colectivo LGTBI que levou a cabo a institución provincial en colaboración coa Asociación de Familiares con Menores Trans ARELAS.

A continuación, á presidenta da Asociación Arelas, Cristina Palacios, ofrecerá unha charla na que afondará sobre esta cuestión dirixida ao alumnado e profesorado do instituto.

A mostra estará aberta ao público no propio Iinstituto de Educación Secundaria de Barro ata o 15 de xuño, e poderá visitarse de luns a venres en horario de 8:30 a 15:00 horas.

Exposición itinerante

Sorrisos Transformadores é unha exposición itinerante que vén de percorrer varios concellos da provincia e que consta de 10 imaxes nas que aparecen retratadas a persoas alegres, orgullosas, que amosan unha parcela da súa vida que lles gusta. Cada fotografía está acompañada por un texto que reflicte unha frase ou unha idea sobre a protagonista da imaxe ou sobre a súa contorna.

Entre as persoas retratadas inclúense persoas de referencia social, sexan ou non transexuais, pero si relacionadas coa realidade destas persoas pola súa profesión e que axudan á hora de transmitir a súa mensaxe, como son por exemplo especialistas da educación, do dereito, da política ou da psicoloxía.

http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2017/06/02/mostra-sorrisos-transformadores-chega-barro/1690950.html

Cartel_Sorrisos_Rio_B-original.JPG

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s