En poucos meses o viveiro de empresas de Barro Meis ocupará a totalidade das naves dispoñibles

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

A  presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asinou este luns os contratos de ocupación de tres novos espazos no viveiro de empresas do polígono de Barro-Meis. A  presidenta subliñou que en poucos meses “poderemos falar dunha ocupación do cento por cento das naves dispoñibles” no viveiro o que, ao seu xuízo, “demostra o seu acerto e boa localización”.

Carmela Silva recoñeceu que en breve “seguramente entre xullo ou setembro” estarán ocupadas todas as naves dispoñibles, aínda que quixo ser prudente coas datas que acompañan os procesos administrativos, pero as peticións xa están feitas.

Ademais anunciou a celebración dun evento para poñer en valor ás persoas que instalaron as súas empresas en Barro “porque en tempos difíciles arriscan. Porque de tempos de crises fixeron unha oportunidade e estas persoas son as que necesitamos na sociedade polo que quero desexarlles todos os éxitos”.

Carmela Silva asinou este luns os contratos das empresas “Loxística do Transporte”, “Papel en branco eventos” e “Inpekdrone”.

A primeira é unha firma dedicada ao transporte e distribución de mercadorías perecedoiras por estrada, que vai ocupar unha nova nave. O empresario Jorge Fontán de “Loxísticas do Transporte”, destacou as boas instalacións do viveiro e a súa localización o que lle fan pedir unha ampliación a outra nave “polo que son un exemplo do bo acerto do viveiro”.

“Papel en branco eventos” é unha empresa dedicada a servizos de asesoramento e organización de eventos para empresas e particulares, e vai ocupar unha oficina, a empresaria Isabel García agradeceu as facilidades para instalarse no viveiro “é unha axuda inestimable”, dixo.

E a terceira empresa é “Inpekdrone” dedicado a servizos técnicos de enxeñería, asesoramento e monitoraxe de cultivos mediante drons, que vai ocupar outra oficina. Alejandro Rodríguez de “Inpekdrone”, destacou que grazas ao viveiro de Barro “podemos montar esta empresas. É unha gran axuda”. Sobre esta firma, Carmela Silva, sinalou que se trataba dunha iniciativa pioneira en Galicia coa utilización das novas tecnoloxías na mellora dos viñedos.

http://pontevedraviva.com/xeral/37228/pocos-meses-vivero-empresas-barro-meis-ocupara-totalidad-naves-disponibles/

deputacion

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s