A Festa do Viño de Barro vén chea de actividades para todos os gustos

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

As adegas do municipio van ter un protagonismo especial na 38 edición da Festa do Viño de Barro. Despois de que o ano pasado foran os colleiteiros os que inauguraron o certame de viños da Denominación de Orixe Rías Baixas, este ano serán os adegueiros de Barro os que se encargarán de facelo o venres 16 a partir das 21:00 horas.

Desta maneira sigue dándoselle aos productores de viño locais o papel que lle corresponde na festa.

O venres tras a inauguración do certame, ademáis da apertura das casetas para degustación dos viños, abrirase por segundo ano o “Túnel do viño”, un espazo onde se poderán degustar todos os viños presentes na mostra polo prezo de 10,00 euros.

O programa volve estar cheo de actividades moi diversas, sigue manténdose o xoves do viño, que despois de celebrar unha festa infantil pola tarde permitiranos disfrutar dos viños das adegas de Barro e a música dos grupos locais Galifunk e Son das tabernas a partir das 20:30 horas.

Os grupos locais siguen tendo un papel destacado na programación, pois ademáis dos dous grupos do xoves, a Coral Polifónica actuará o sábado pola tarde, o Grupo de Danzas “Amor Ruibal” farao o domingo ao medio día e pechará a festa a Banda Xuvenil de Barro nun concerto co grupo A Roda o domingo a partir das 22:00 horas.

Ademáis das tradicionais verbenas e sardiñada popular, haberá tempo para o teatro, o certame de pintura rápida, o concurso de fotografía, e o deporte cos trofeos de fútbol e tenis.

Disfrutarase tamén o domingo da quinta Xuntanza de Vespas, Lambrettas e motos clásicas.

Este ano o pregoeiro da festa será o mestre Angel Alfonso Piñeiro, polo papel que tivo ao longo de moitos anos de docencia no colexio de Barro e na formación de xeracións de veciños do concello. Ángel ademáis de mestre e de ter un papel protagonista en iniciativas socioculturais foi un home moi ligado ao mundo do viño, dende o seu Meaño natal ata ás plantacións e adegas de Curro, a súa parroquia de adopción.

http://pontevedraviva.com/xeral/37057/festa-vino-barro-ven-chea-actividades-para-todos-gustos/

festa do viño de barro

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s