Barro súmase á Ruta do Viño Rías Baixas

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

A Ruta do Viño Rías Baixas conta, desde este mércores 24 de maio, cun novo concello entre os seus membros. Trátase do Concello de Barro, que formalizou a súa entrada neste itinerario enoturístico co convenio que asinaron o alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes, e o seu presidente, Juan Gil de Araujo.

Gil de Araujo mostrouse moi satisfeito por sumar un novo asociado á Ruta do Viño Rías Baixas, ao entender que isto quere dicir que “hai interese no traballo que estamos a desenvolver para promocionar a nosa ampla oferta enogastronómica”.

O alcalde, pola súa banda, indicou que este convenio axudará a “poñer en valor o territorio vitivinícola de Barro e abrir as portas a que as adegas e establecementos poidan desenvolver o seu labor en prol do enoturismo”.

Fernández Abraldes aproveitou a oportunidade para convidar á Ruta do Viño Rías Baixas a unha das súas celebracións máis destacadas, a Festa do Viño de Barro, que se desenvolverá o próximo mes de xuño.

Grazas a este acordo, tamén se poderán unir a esta asociación sen ánimo de lucro diversos establecementos localizados no municipio de Barro.

O seguinte paso, explicou o presidente da ruta, será “reunirnos con adegas e empresas hostaleiras e hoteleiras para presentarlles o noso proxecto enoturístico e tramitar a súa posible adhesión”.

Aquelas empresas interesadas en adherirse á Ruta do Viño Rías Baixas deberán superar previamente unha auditoría coa que se busca garantir que as instalacións e servizos ofertados cumpren cos requisitos mínimos de calidade e atención aos visitantes especificados no manual de produto de Rutas do Viño de España.

http://pontevedraviva.com/xeral/36930/barro-se-suma-ruta-vino-rias-baixas/

rias baixas barro

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s