Barro prepárase para celebrar o 13 de maio a súa segunda Festa das Rutas

A pé, a cabalo, en bicicleta, en vespa ou en 4×4. Cada quen poderá participar como queira na segunda edición da Festa das Rutas de Barro. Celebrarase o próximo 13 de maio.

Serán cinco rutas diferentes que sairán do Pazo da Crega, a partir das dez da mañá.

O obxectivo desta festa é que os participantes poidan desfrutar do territorio do Concello da maneira que máis lles guste.

Así, cada un pode escoller a ruta que mellor encaixe coas súas preferencias conseguindo un día de festa que, ademais, serve para o coñecemento do territorio do Concello, da paisaxe, do patrimonio e do medio natural do municipio.

Ademais da actividade física e a relación entre todos os asistentes ás distintas rutas, todas van rematar no Pazo da Crega cun xantar e festa ao longo da tarde.

O prazo para inscribirse remata o vindeiro 8 de maio.

http://pontevedraviva.com/xeral/36254/barro-prepara-celebrar-13-mayo-segunda-festa-rutas/

5903517bb6-presentacion-ii-festa-das-rutas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s