Un curtocircuíto xerou ás 18.00 horas de onte alarma en San Antoniño, Barro, ao provocar unha gran fumareda na panadería Pasarín. Aínda que se deu aviso aos bombeiros do Salnés e Pontevedra, o incidente puido resolverse con rapidez e sen feridos, aínda que houbo un corte de subministración na zona.
