Catro novos proxectos empresarias ocupan o viveiro de Barro-Meis

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asinou este mércores no Pazo provincial a cesión de catro espazos no viveiro de empresas de Barro-Meis, propiedade da institución provincial, nas que tres emprendedores desenvolverán os seus novos proxectos empresariais en tres oficinas e unha nave. 

Deste xeito o viveiro, que foi construído no marco dun convenio de colaboración coa Fundación Instituto Cameral para a Creación e Desenvolvemento da Empresa (Fundación INCYDE), acollerá a empresa de construción “Casas Modulares de Madera S.L.”.

Tamén acollerá á empresa de fabricación de mollos e conservas vexetais e á elaboración de marmeladas artesanais “La Mariquita de Azúcar C.B.” e, por último, a empresa dedicada ao asesoramento a persoas con actividade no rural e ás mulleres emprendedoras e profesionais do rural “AF Negocios S.L.” (esta última ocupará dúas oficinas, unha para cada unha das dúas áreas de traballo sinaladas).

A cesión do espazo foi asinada por un período dun ano, con posibilidade de prórroga ata un máximo de tres.

http://pontevedraviva.com/xeral/32546/cuatro-nuevos-proyectos-empresarias-vivero-barro-meis/

diputacion

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s