
Un grupo de 18 alumnos do IES de Barro foron seleccionados para pasar unha semana no Centro de Inmersión Lingüistica dos Peares para mellorar o seu nivel de inglés. Os mozos viaxaron o pasado domingo ao centro e volverán mañá unha vez finalice a iniciativa, denominada como”English Week” e promovida pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
