Outro accidente de tráfico entre dous vehículos en Barro saldous con dous axentes da Garda Civil de Tráfico feridos. Os feitos tiveron lugar no quilómetro 107 da estrada N-550.
Segundo informa o servizo de emerxencias do 112 Galicia, un dos coches implicados sufriu unha saída de vía e rematou impactando contra o vehículo dos axentes, que nese momento estaban fóra do coche. O propio vehículo da Garda Civil acabou atropelando levemente os dous axentes, que resultaron feridos de carácter leve. O condutor do outro turismo implicado tamén asegurou ter algunha leve molestia derivada do sinistro.
O 112 Galicia tivo constancia da situación ás 14.00 horas deste martes, mediante a alerta de urxencias Médicas. Foron informados da situación os Bombeiros do Salnés e Protección Civil.
