XORNADAS SOBRE A MEMORIA HISTÓRICA NO NOSO CONCELLO

Barosa AC

Comprácenos anunciar que o o venres 22 e o sábado 23 de abril realizaremos unhas barosaxornadas sobre a memoria histórica. Queremos pór nomes e apelidos ás nosas veciños e veciños, avós e avoas, pais e nais, que sufriron na súa pel o levantamento fascista do ano 1936. Agora, 80 anos despois, queremos ter as súas historias e o seu sufrimento presentes para non esquecer nunca máis.

-VENRES 22 na biblioteca de Barro ás 20:00h:
-20:00h. Proxección do documental “Barro 1936” elaborado polo alumnado do I.E.S de Barro e presentado polo profesor do I.E.S Miro Tourís.
-Presentación do libro “Un cesto de mazás” a cargo de Luís Bará Torres e a súa autora, Montse Fajardo.

-SÁBADO 23 no salón de plenos ás 20h.:
-Homenaxe a Castor Castro -alcalde Barro no 1936- e ao resto de veciñ@s de Barro que foron perseguidos física e moralmente por defender a liberdade e a xustiza. Conferencias a cargo de Pepe Álvarez, profesor e experto na represión franquista na comarca de Pontevedra e de Xosé Collazo Castro, natural de Barro e experto na represión no Concello de Barro.

-Actuación musical do cantautor Tino Baz.

Organiza: AC Barosa
Colabora: Deputación de Pontevedra e Concello de Barro.

One thought on “XORNADAS SOBRE A MEMORIA HISTÓRICA NO NOSO CONCELLO

  1. Non se pode cambiar o sitio? O salón de Plenos, penso, que non é o sitio adecuado. Voume mollar, na Barosa…. pedras, muíño, auga, natureza, verde, arvores, libertade…non é?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s