Doan máis de dous mil libros á biblioteca municipal de Barro

A A.C. Barosa acordou co alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, a entrega de 2.221 exemplares de libros e 416 DVD que formaban parte do fondo bibliográfico da asociación, que serán cedidos ao Concello para ampliar os fondos da biblioteca municipal.

Esta doazón vai permitir á biblioteca pública mellorar a súa oferta aos seus usuarios, cun importante incremento de títulos tanto de literatura infantil como de narrativa, poesía, ensaio e tamén de cine e música coa aportación dos DVD’s e os libros.

O alcalde transmitiulle o agradecemento a Iván Bello, presidente da asociación por esta cesión, pois a mellora na oferta de fondo coma das instalacións da biblioteca “é unha das prioridades do goberno de Barro”, sinalou o alcalde.

http://pontevedraviva.com/xeral/25368/donan-mas-dos-mil-libros-biblioteca-municipal-barro/

abraldes

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s