Abraldes demanda á Xunta melloras urxentes na seguridade da PO-531

FONTE:
LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

Mentres non se execute o proxecto de mellora da estrada PO-531 entre Pontevedra e Vilagarcía, abraldescomprometida pola Xunta de Galicia desde hai anos, o Concello de Barro cre “urxente” acometer unha serie de actuacións para solucionar os problemas de seguridade que existen nela ao seu paso polo municipio.

Así llo trasladou o alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, ao xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, na xuntanza que ambos mantiveron este martes.

En liñas xerais, o alcalde pediu solucionar a falta de iluminación do macro nó de Curro, a inseguridade para o tránsito de peóns entre Curro e Meis, a perigosidade que supoñen as medianas provisionais de plástico, os problemas de seguridade que hai na rotonda pequena ao carón da igrexa de Curro ou a necesidade de construción das rotondas previstas no proxecto de mellora no cruce de Bretoña e no acceso ao polígono de Sequeiros.

Ademais, Fernández Abraldes destacou a urxencia que existe para construción do paso soterrado en Bretoña, unha actuación que o alcalde ve con “preocupación”, xa que sinala que non está previsto realizar ningunha actuación a curto prazo, “a pesar dos anuncios feitos tanto pola consellería como polo anterior goberno municipal”.

Todas esta actuacións serán demandadas na entrevista que o alcalde de Barro solicitará coa propia conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez.

Mais información en:

http://pontevedraviva.com/xeral/22944/abraldes-demanda-xunta-mejoras-urgentes-seguridad-po531/

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s