A viaxe a Navarra esperta o interese pola compostaxe

diario_pontevedra

A viaxe a Navarra e País Vasco organizado polo vicepresidente da Deputación para mostrar aos concellos os novos sistemas de xestión de lixo produciron xa as primeiras reaccións. Segundo explicou este xoves a institución provincial, son varios os municipios que teñen pensado implantar de forma inminente experiencias piloto de composteros colectivos en barrios, parroquias ou núcleos de poboación.

“Así o manifestaron os representantes de Barro, Vilaboa, Lalín, Sanxenxo ou Valga, entre moitos outros”, sinalou o departamento que dirixe Cesáreo Mosquera. De feito, o vicepresidente puntualizou que os 26 concellos que participaron na expedición mostráronse satisfeitos por poder coñecer ‘in situ’ diferentes modelos de xestión de residuos e escoitar directamente a técnicos pioneiros en compostaxe. Logo de varios días de percorrido por distintas instalacións, os representantes municipais realizaron este xoves unha última visita. O destino foi a planta de compostaxe de Latpax, que traballa cos restos orgánicos de sete municipios da provincia de Guipúzcoa (3.000 toneladas por ano).

http://diariodepontevedra.galiciae.com/gl/nova/438160/viaxe-navarra-esperta-o-interese-pola-compostaxe

compostaxe

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s