Adxudican por un millón de euros a nova depuradora do polígono Barro-Meis

LOGO PONTEVEDRA VIVA BARRO

A Deputación Provincial acaba de adxudicar a nova Estación Depuradora de Augas Residuais (Edar) do polígono industrial de Barro-Meis. A zona industrial aínda ten moitas parcelas sen adxudicar, pero varias empresas levan xa un tempo alí instaladas e están a traballar, de maneira que se facía necesario seguir avanzando na dotación de servizos.

Segundo informou a presidenta da Deputación, Carmela Silva, “era fundamental” avanzar neste proxecto para que “teña todos os servizos que ten que ter un polígono”. Neste caso, foi adxudicada por un importe de 980.169,58 euros e un prazo máximo de execución das obras de 9 meses.

A Xunta de Goberno da Deputación reunise este martes nunha sesión extraordinaria a adxudicación do contrato de redacción do proxecto e execución da obra e acordou concederlla á UTE Edar Barro Meis, constituída polas empresas Unika Proyectos y Obras S.A.U.  e Altuna y Uría S.A. Ao concurso público organizado pola Deputación presentáranse dez empresas.

O polígono Barro-Meis ocupa unha superficie de case 500.000 metros cadrados e aínda ten 51 parcelas a disposición das empresas. Están á venda directa ata o 17 de decembro.

http://pontevedraviva.com/xeral/22219/adjudican-millon-euros-nueva-depuradora-poligono-barro-meis/

poligono barro meis

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s