O Partido Socialista de Barro celebrou onte unha asemblea na que analizaron os resultados electorais entre toda a militancia e trazaron unha folla de ruta para os próximos días nos que, si nada se torce, darán o seu apoio ao BNG para formar un goberno de esquerdas que poña fin aos 32 anos de mandato de Landín.
Esa folla de ruta deseñada onte pasa pola formación dunha comisión negociadora encargada de reunirse con membros do BNG para chegar a un acordo e constituír un goberno o próximo 13 de xuño.