Concellos esperan a súa primeira alcaldesa. Exceptuando a Teresa Roig, que foi rexedora de Barro durante a inhabilitación de José Antonio Landín.

Exceptuando a Teresa Roig, que foi rexedora de Barro durante a inhabilitación de José Antonio Landín, a bisbarra non tivo alcaldesas en democracia. As candidatas de Cotobade, Vilaboa, Soutomaior e Campo Lameiro detallan as súas aspiracións

A bisbarra de Pontevedra, ao igual que a capital da provincia, non tiveron alcaldesa electa en democracia salvo no caso do Concello de Barro, onde a número dous do PP e esposa do histórico José Antonio Landín, Teresa Roig, asumiu o mando durante seis anos pola inhabilitación do cabeza de lista, que volveu a selo en canto se rematou aquel episodio.

Aínda que a Lei de Igualdade data de 2007, o número de mulleres que están a entrar en política municipal crece lentamente, sobre todo se nos fixamos nas que lideran as agrupacións. As candidatas dos concellos pequenos da bisbarra de Pontevedra cóntanse cos dedos dunha man. As aspirantes á Alcaldía en Cotobade, CampoLameiro, Barro, Soutomaior, Vilaboa, ponte Caldelas e A Lama supoñen o 22% do total. Nin sequera hai unha por concello, xa que, de 22 candidatos que hai, só cinco son mulleres. En Vilaboa as candidaturas encabezadas por elas superan as lideradas por un home. En canto aos concellos que carecen de alcaldablesfemininas, Ponte Caldelas é un dos máis destacados, pois aínda non tivo ningunha candidata en todo o período democrático.

http://diariodepontevedra.galiciae.com/noticia/392132/concellos-que-esperan-su-primera-alcaldesa

landin 2015

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s