Inclusión do Castro de Sete Fontes (no monte dos Casás) no Plan de recuperación de Castros da Deputación

BNGSr. Alcalde:

O abaixo asinante, Xosé Manuel Fernández Abraldes, Portavoz do BNG no Concello de Barro presenta a seguinte MOCIÓN para a inclusión do Castro de Sete Fontes (no monte dos Casás) no Plan de recuperación de Castros da Deputación.

                            EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

O castro de Sete Fontes, sito no monte dos Casás é, sen lugar a dúbidas, un dos de maior valor histórico de toda a comarca, tal e como puxeron de manifesto expertos arqueólogos. Neste castro só se realizaron até o momento unhas mínimas catas por parte da Universidade de Santiago, nas que apareceron achádegos de grande valor. Mais por desgraza eses traballos de excavación e estudo, realizados xa hai anos, non continuaron.

En setembro de 2013, o BNG presentou unha moción para que se incluise o castro nas actuacións anunciadas pola Deputación e o Ministerio de Fomento para a recuperación e posta en valor de castros da provincia.

Por desgraza, Barro xa quedou fóra no seu día do investimento de 2,5 millóns de euros feitos pola Xunta de Galiza e a Deputación, e agora vai camiño de non ver nin un euro dos 6,5 millons do novo plan Deputación-Ministerio de Fomento para continuar coa rehabilitación deste patrimonio histórico.

Este investimento vai servir tanto para dar a coñecer e pór en valor o noso patrimonio historico, como para crear emprego e actividade economica asociada ao atractivo turistico que poderían representar estes asentamentos historicos.

Por todo isto o Pleno do concello de Barro aproba a seguinte

                                                                     MOCIÓN:

1. Solicitar á Deputación que inclúa o Castro de Sete Fontes neste novo programa de recuperación de castros.

Barro, 24 de marzo de 2015

Xosé Manuel Fernández Abraldes

CASTRO SETE FONTES BARRO

 

One thought on “Inclusión do Castro de Sete Fontes (no monte dos Casás) no Plan de recuperación de Castros da Deputación

  1. Eu penso que o motivo de deixarnos fora,e que non vaia a ser o caso,que co tema das excavacións,lle perxudique para a festa do monte,e claro,ante estas dúas opcións, primeiro e a festa.

Deixa unha resposta a Ana Cancelar a resposta