Onte, na Sexta:
Feira de Barro a partir do minuto 20:39
Sanmartín a partir do minuto 22:50
Landín a partir do minuto 24:01
A modo de balance urxente, sinalarei que quedei gratamente sorprendido por unha decisión, firmeza e presencia que non contaba: a de Sanmartín, quen (para min) dou máis talla de alcalde que Landín.
Tamén sorprende a ausencia de Abraldes: ¿Debemos interpretalo coma unha abstención ou é que non o avisaron?
En canto ó Alcalde, o que en principio semellaba unha errata converteuse no titular: Blandiño, moooi blandiño… tanto que se lle cae a careta: para a historia quedará o acojone que revelan, cara o final da entrevista, a insistencia en matizar o de “mafia” e as prisas por quitarse o micro.
Pero non temades os acólitos, que esto foi sólo un bache (“te juro cariño que es la primera vez que me pasa”): Estou seguro de que en canto se lle pase o tembleque fará chamar un abogado contratado polo concello para que redacte unha carta de enérxica reclamación á Sexta polo da errata. Pensade que é unha errata cometida contra a autoridade representante dos veciños de Barro. É inexcusable facelo. Por vos e pola vosa dignidade reclamará que lle abran o oportuno expediente disciplinario á pobre da entrevistadora (por eso e por chegar sen avisar).
Eu, non obstante, quédome co desconcerto balbuceante de non dar xustificado cun mínimo de credibilidade ter deixado pasar tantos anos sen cobrar as tasas municipais. Agora xa sabemos por qué as aceras do mercadillo non teñen baldosas: non había cartos.
Resumindo: triple sorpresa.



Hola, dende o BNG como concelleiro teño que dicir que ninguén nos avisou, o que di moito da pluralidade dun medio que ignora ao primeiro partido da oposición en Barro.
Logo tamén devo dicir que de ternos entrevistado, nós do señor Sinaí non temos nada que dicir como Concelleiros en Barro, se cometeu algún delito ten que ser a xustiza quen o resolva. O que si votei de menos e que se cargaran alguo máis as tintas sobre un alcalde que non se preocupa polo diñeiro que se nos deve ao Concello, menos mal que logo falou el e xa o deixou todo claro.
O QUE NOS TEN QUE PREOCUPAR É O DIÑEIRO QUE LLE DEVE ESTE SEÑOR A BARRO.