250 nenos pendentes da lista de espera nas gardarías

O último día para formalizar as matrículas nos diferentes centros infantís adscritos ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade eBenestar, a coñecida como rede A Galiña Azul, en virtude do prazo extraordinario habilitado no pasado mes de decembro e que servirá para escolarizar nenos de entre cero e tres anos dende o próximo mes de febreiro.
Esta reapertura do período de admisión adquire unha relevancia especial para estes casos de idades temperás, xa que segue existindo un volume moito maior de demanda que de oferta. Esta circunstancia provoca que centos de familias estean pendentes a estas alturas de curso de posibles vacantes que poidan quedar habilitadas.
Só en Pontevedra, hai 242 casos de nenos preinscritos nos que os seus pais confían en que haxa un oco para eles nestes centros. As tres escolas da cidade -a da Parda (125 peticións), a do campus universitario (66), e a de Monte Porreiro (51)- rexistraron o maior volume de peticións por praza e sacan moita vantaxe aos números globais da bisbarra. De todas estas candidaturas que optan a conseguir un posto nalgún destes centros só se excluíron dous casos.
Nos dez municipios restantes con este servizo de escolarización temperá na bisbarra (Barro, Bueu, Campo Lameiro, Cotobade,Marín, Moraña, Poio, ponte Caldelas, Portas e Vilaboa) acumúlanse outros 84 casos nos que a incerteza será despexada en cuestión de horas.

Como norma xeral, a idade máis demandada á hora de solicitar unha destas prazas é a de 1 a 2 anos. Aí concéntrase a maioría das peticións para a conciliación da vida laboral e persoal dos proxenitores e é precisamente nesa franxa onde máis solicitudes se cursaron. Só en Pontevedra hai 172 nenos neste grupo de idade sen escolarizar, pendentes do actual proceso de admisión, que se resolverá nas próximas horas.
O luns incorpóranse
O próximo luns 2 de febreiro será o primeiro día do curso para aqueles que obteñan a aprobación definitiva da súa reserva de praza e cumprisen todo o proceso en tempo e forma. No caso de que os preseleccionados non completen a achega da documentación esixida, perderán os seus dereitos e esas prazas pasarán aos mellor situados nas listas que fixo públicas a propia Xunta -que se poden consultar nos diferentes centros onde se solicitaron praza ou na web da rede de escolas infantís (http://www.escolasinfantisdegalicia.es)-.
O novo alumnado compartirá aula con aqueles nenos menores de tres anos, agrupados por franxas de idade, que iniciaron o curso o pasado 4 de setembro, na convocatoria ordinaria de matrículas. Agora, con esta reapertura, está previsto que se completen as vacantes que quedasen baleiras en todos os centros da bisbarra.

OS PAIS OPTAN POR INSCRIBIR OS SEUS FILLOS EN DIFERENTESCONCELLOS PRÓXIMOS
Obter unha praza para os nenos en idade preescolar supón para moitas familias un auténtico reto. A rede rexional de centros, que oferta diferentes bonificacións segundo os baremos de renda e outros condicionantes, supón un atractivo para as familias.
Dado que actualmente o curso comezou e que se poden beneficiar dalgunhas vacantes que puidesen quedar sen ocupar, algúns pais optan por concorrer a máis dunha escola infantil na mesma convocatoria, extremo que habilita a propia Administración autonómica co fin de diversificar a oferta e facela máis accesible ao público obxectivo.
É habitual que unha mesma unidade familiar solicite varios centros en Pontevedra ou en diferentes municipios limítrofes.

escola infantil barro

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s