A Xunta descarta máis pasos de peóns na PO-531 por ´seguridade´

A Xunta de Galicia acaba de responder por escrito á pregunta realizada polo grupo do BNG no Parlamento Galego sobre as condicións de seguridade na PO-531 entre Curro e Pontevedra, así como polas razóns da demora do proxecto de mellora deste viario que conecta a capital con Vilagarcía.

Nun dos seus apartados responde o acordo alcanzado polo Concello de Barro para solicitar a sinalización de pasos de peóns neste viario, resaltando a Xunta que “as condicións actuais do treito urbano da PO-531 non cumpren os requisitos mínimos para a instalación dun paso prioritario de peóns coas garantías suficientes de seguridade que se deben observar neste tipo de elementos”. Explican desde a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas que “se debe considerar que a existencia dun paso prioritario de peóns sen as debidas condicións pode crear unha falsa sensación de seguridade no peón á hora de cruzar a estrada que non é percibida da mesma forma polos condutores dos vehículos que circulan por esta, polo que aumenta o risco de atropelo debido precisamente ao exceso de confianza do peón e á falta de percepción de perigo por parte do condutor”.

A Xunta tamén explica que recentemente se executaron actuacións nesta estrada destinadas a mellorar a súa conservación e a seguridade viaria, “centrando os esforzos nos treitos que concentran unha accidentalidade máis significativas e adoptando as medidas adecuadas á necesidade de cada punto”.

pdf

 

 

 

 

barro-n-531

PNC.PNP. SEGURIDADE VIAL CURRO.PONTEVEDRA.doc2

PO-531

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s