Deputación de Pontevedra ingresará dez millóns de euros pola venda de parcelas ás empresas
Supermercados Froiz e Autocares Novas Rías, según manifestou o presidente da institución provincial, Rafael Louzán, este venres en rolda de prensa.
O vindeiro mes de xaneiro abrirase o prazo para que durante todo o ano 2015 as empresas interesadas poidan adquirir terreo no polígono de Barro Meis.
A xunta de goberno da Deputación de Pontevedra aprobou ademais o proxecto para construir un Centro de Servizos e Apoio Empresarial no polígono industrial cun orzamento de 898.000 euros e un prazo de execución de oito meses.
Unha vez adxudicado o Viveiro de Empresas que acollerá no parque industrial a novos emprendedores e unha vez que o polígono acadou unha porcentaxe de ocupación do 50%, a Deputación quere complementar o desenvolvemento urbanístico do parque cun Centro de Servizos e Apoio ás empresas instaladas que, ao tempo, proporcione novos espazos para a celebración de reunión, salas, auditorio, servizo de restauración, cafetería e outros.
O presidente da Deputación afirmou que o polígono de Barro-Meis será un polo de atracción de empresas e para a creación de emprego pois a ubicación nel de Supermercados Froiz actuará de locomotora para a implantación de novas empresas, moitas delas complementarias da súa actividade.
