«Se hai un incumprimento reiterado do servizo aos cidadáns, poderíase chegar a suspender a concesión». A ministra de Fomento, Ana Pastor, elevou esta mañá un grao máis a política de presión que o seu departamento mantén aberta nas última semanas sobre Audasa ante os reiterados atascos sufridos polos usuarios da AP-9 nos días de maior afluencia ás praias e localidades da costa galega este verán.
Antes de subirse na estación de Ferrocarril de Vilagarcía ao tren desde o que supervisou o novo tramo do AVE entre Barro e Pontevedra, Pastor reiterou que o deber do Ministerio é o de «velar polos cidadáns, e facer respectar o espírito da concesión» da AP-9. Por iso é polo que, recordou, « abrimos un expediente» a Audasa, e «vai haber inspectores do Ministerio para controlar o servizo da autoestrada nos días festivos e fins de semana».

