Completo o tramo do Eixe Atlántico que xa une Pontevedra e Vilagarcía

elCorreoGallego

Esta madrugada entrou en servizo un novo tramo de dobre vía da liña de alta prestación ferroviaria do Eixe Atlántico, co que se completa o percorrido entre Pontevedra e Vilagarcía de Arousa. Concretamente, o novo trazado, polo que dende hoxe xa circularán os trens que cobren o traxecto entre A Coruña e Vigo, discorre dende a parroquia de Faxil no municipio de Barro (Pontevedra) ata a estación da cidade do Lérez, cun total de 12 novos quilómetros de vía dobre, segundo confirmaron fontes oficiais de Adif. Ademais, coa posta en servizo da nova infraestrutura complétase o trazado entre Vilagarcía e Arcade de 37 km.

Dende a estación de Pontevedra ata a parroquia de San Amaro as obras consistiron basicamente na adaptación da vía actual, xa que só se desdobrou o trazado da liña convencional, o que supón que a velocidade neste traxecto non pode exceder os 110 km/h.

En cambio, o percorrido entre San Amaro e Faxil foi executado integramente por Adif e dende hoxe estará conectado coa variante de Portas, pouco antes da entrada do túnel de Lantañó, a uns 19 km. de Vilagarcía aproximadamente.

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/completo-tramo-eje-atlantico-une-pontevedra-vilagarcia/idEdicion-2014-07-30/idNoticia-882633/

ave barro

 

Deixar un comentario