Arte ante un pano de natureza

PORTADA faro-de-vigo

Gozar da arte nun ámbito de natureza e co son de fondo das fervenzas de Barosa. É a proposta do festival “Barosa líquida”, que o próximo fin de semana propoñerá neste escenario privilexiado de Barro diversas opcións culturais e de ocio.

Arrancarán o próximo venres, día 11, co concerto ás 22.30 horas de Mr Goadman. Ao día seguinte tocaralle a quenda a GCA Brass, que actuará a partir das 20 horas.

A terceira e última actuación musical do festival está prevista para as 20.30 horas do día 13 e estará protagonizada por Soncello Quartet.

Pola súa banda, as actividades relacionadas coas artes plásticas correrán A Cargo de Gonzalo Lagares MartiñánFrancisco Remiseiro, Certo Chasco, Fran MiguensMarta Moldes e Portal 48.

Na xornada do sábado, día 12, celebraranse dúas rutas de sendeirismo ás que están convidadas nenos e maiores. Estes itinerarios celebraranse ás 12 e ás 18 horas e os interesados poden inscribirse gratuitamente no 679996162. Os interesados en colaborar coa organización do festival poden reservar un pícnic para dúas persoas a 22 euros.

Tamén haberá espazo neste fin de semana de cultura e ocio para as letras, neste caso co recital de poesía a cargo de Marta Acosta. celebrarase o domingo a partir das 20 horas.

https://www.facebook.com/BarosaLiquida?fref=photo

http://ocio.farodevigo.es/agenda/noticias/nws-320563-arte-telon-naturaleza.html

barosa liquida

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s