Interceptado un mozo en Barosa a 160 km/h nun tramo limitado a 70

A Garda Civil imputou a I.S.G., de 20 anos de idade e veciño de Caldas de Reis (Pontevedra), como presunto autor dun delito contra a seguridade vial por exceso de velocidade ao ser interceptado a 160 quilómetros por hora nun tramo limitado a 70.

Segundo informou o Instituto Armado, o varón foi interceptado o pasado día 16 no punto quilométrico 104 da estrada N-550, no termo municipal de Caldas de Reis, no lugar da Barosa, onde a velocidade está limitada a 70 km/h., xa que existe intersección de vías e algunhas vivendas.

Foi un radar do Destacamento de Tráfico da Garda Civil dePontevedra o que detectou un turismo marca Audi, modelo A3, a 160 quilómetros por hora sentido A Coruña.

O condutor foi identificado, instante máis tarde, e imputado como autor dun delito contra a seguridade vial. As correspondentes dilixencias serán entregadas no xulgado de Instrución de garda de Caldas de Reis, onde terá que comparecer cando para iso sexa requirido.

http://www.europapress.es/galicia/noticia-imputado-joven-caldas-pontevedra-interceptado-cuando-conducia-160-km-tramo-limitado-70-20140618152658.html

coche barro

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s