Os problemas de tráfco no nucleo urbano de San Antoniño veñen provocados porque no seu momento non se tivo en conta que construir un núcleo urbano ás beiras da N-550 esixía deseñar acceso seguros ás distintas rúas, tanto para os peóns como para os vehículos.
Existe un punto de especial perigo, que é o cruce coa rúa Areal e de acceso ao tanatorio, xa que non existen zonas de espera, e os vehículos teñen que parar nos carrís de circulación, co conseguinte perigo de colisión.
Ao longo deses anos xa se levan producido moitos accidentes, e os veciños e veciñas que teñen que acceder nese punto tanto ás súas vivendas como ao tanatorio municipal, teñen que padecer todos os días unha situación de risco.
Xa no outono de 2009, o BNG convocou unha asemblea veciñal e, posteriormente, presentou unha moción no Concello para que se adoptasen medidas para a seguridade vial nesta estrada. Daquela propuxemos a construción dunha rotonda no lateral da N-550 na entrada da rúa Real que servise para acceder con seguridade á mesma e que permitise o cambio de sentido, e o pintado de carrís de espera e incorporación na N-550 para acceso ao cruce. Pero nin o Concello nin o ministerio de Fomento fxeron nada a día de hoxe para solventalos.
Recentemente foi aprobada unha actuación de mellora na rúa Areal, que non contempla a construción da rotonda nin ningunha outra actuación que mellore a seguridade do cruce. Para o BNG isto supón unha grande irresponsabilidade, pois en calquera momento se poden producir accidentes máis graves que os que se produción até agora.
Ante a pasividade das administracións competentes, o BNG presentou unha nova moción e volveu convocar unha charla informativa cos veciños, acordándose comezar unha campaña de recollida de sinaturas para demandar a adopción de medidas efcientes para mellorar a seguranza viaria na N-550.
Barro 3 de maio de 2014
Xosé Manuel Fdez. Abraldes