Un home falece sepultado por unhas pedras nunha canteira de Caldas

diario de arousaManuel C.G., de 48 anos de idade e veciño de Moraña e nacido en Barro, faleceu esta mañá nun accidente laboral nunha canteira da parroquia de Saiar, en Caldas. O operario estaba aos mandos dunha retroescavadora cando unha pedra de grandes dimensións o sepultou. O 112 mobilizou aosBombeiros do Salnés, voluntarios de Protección Civil de Cuntis, Garda Civil e Urxencias Médicas, se ben a ambulancia e o persoal sanitario que se desprazaron á zona, no Monte Xiabre, nada puideron facer por salvar a vida da vítima. As tarefas para rescatar o cadáver prolongáronse durante horas e foi necesaria a intervención dunha grúa de gran tonelaxe para retirar a pedra caída sobre a cabina da retroescavadora. Estes traballos tiveron que realizarse cun coidado maiúsculo ante o risco de novos desprendementos que puidesen poñer en perigo aos efectivos de emerxencias.

http://www.diariodearousa.com/articulo/ulla-umia/hombre-fallece-aplastado-piedras-cantera-caldas/20140401124416063927.html

ambuulancia

One thought on “Un home falece sepultado por unhas pedras nunha canteira de Caldas

Deixar un comentario