O viveiro de Barro-Meis estará operativo a principios de 2015

diario pontevedra

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e o director xeral da fundaciónLOUZAN Incyde, Javier Collado, asinaron oy no Pazo Provincial unha adenda ao convenio de colaboración para a construción dun viveiro de empresas no polígono Varro- Meis.

Esta ampliación do proxecto, valorada nun millón de euros (o que aumentaría o investimento total ata 2’5 millóns de euros), busca sufragar unha mellora nas infraestruturas, un aumento de espazo, o equipamento do viveiro e a construción das coñecidas como ‘navesniño’. Estas instalacións son pequenos almacéns orientados a emprendedores que pretendan desenvolver proxectos de carácter máis industrial, como talleres, pequenas empresas de produción ou similares.

O viveiro contará tamén con servizos complementarios de utilidade para os emprendedores que se instalen nos despachos como cursos de formación, salas de videoconferencia, aulas formativas ou salóns de actos. Tamén se contempla a posibilidade de acondicionar unha zona destinada ao coworking, onde poidan desenvolver as súas ideas traballadores independentes.

Ademais, unha parte do total deste investimento, como xa se explicou nos primeiros pasos deste convenio, estará destinada a unha actuación nun viveiro empresarial no polígono Lalín 2000.

http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/309060-vivero-barro-meis-estara-operativo-principios-2015

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s