O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e o director xeral da fundación
Incyde, Javier Collado, asinaron oy no Pazo Provincial unha adenda ao convenio de colaboración para a construción dun viveiro de empresas no polígono Varro- Meis.
Esta ampliación do proxecto, valorada nun millón de euros (o que aumentaría o investimento total ata 2’5 millóns de euros), busca sufragar unha mellora nas infraestruturas, un aumento de espazo, o equipamento do viveiro e a construción das coñecidas como ‘navesniño’. Estas instalacións son pequenos almacéns orientados a emprendedores que pretendan desenvolver proxectos de carácter máis industrial, como talleres, pequenas empresas de produción ou similares.
O viveiro contará tamén con servizos complementarios de utilidade para os emprendedores que se instalen nos despachos como cursos de formación, salas de videoconferencia, aulas formativas ou salóns de actos. Tamén se contempla a posibilidade de acondicionar unha zona destinada ao coworking, onde poidan desenvolver as súas ideas traballadores independentes.
Ademais, unha parte do total deste investimento, como xa se explicou nos primeiros pasos deste convenio, estará destinada a unha actuación nun viveiro empresarial no polígono Lalín 2000.
