Unha asociación xitana quere denunciar a oposición de Barro pola feira

diario_pontevedra.750

A concesión da Feira de Barro segue sendo un tema candentes neste municipio,sinai onde a oposición, composta por tres concelleiros do BNG e dous do PSdeG, será denunciada por unha asociación xitana que di que se manifestaron dun modo «racista e xenófobo» ao criticar as irregularidades do concurso de adxudicación. A asociación denomínase Sociedade Xitana en Galicia e suportavoz é Sinaí Giménez, quen onte cargou tintas contra todos os concelleiros críticos coa idea do alcalde, José Antonio Landín, de conceder a feira a unha empresa particular en vez de xestionala con persoal municipal. «Detectamos un
acoso verbal contra os vendedores ambulantes de etnia xitana e as directivas das asociacións xestoras», anunciou Sinaí Giménez, que di que levará o asuntoao xulgado do Penal de Vigo.
Non obstante, o voceiro da asociación entende que o secretario municipal, do que di «é moi afín ao BNG», puidera evitar o erro de forma que acabou motivando a decisión de declarar nulo o concurso. «Primeiro, aos representantes dos ambulantes ninguén lles fixo caso no Concello. Non se
lles axudou, non sei se sen querer ou a propósito. E, despois á hora de compulsar os papeis, foi cando se confundiron de sobre. É un erro, nada máis, e poderase rectificar en canto ás empresas chéguelles a notificación do Concello», declarou.
O voceiro xitano explicou» que as dúas firmas que concorren ao concurso son representantes de ambulantes desta etnia pero non teñen a mesma dirección. «O que está claro é que hai unha campaña para buscarlle os dez pés ao gato por parte destes partidos con respecto aos que representan os xitanos, e tamén que o BNG debería medir como se expresa con respecto a nós, porque recorda un pouco tempos pasados. Realmente, espero que este partido nunca goberne Barro, porque se o fai, alí non crecerá a herba máis,»
sentenciou enfadado o líder da asociación.

http://noticiasbarro.com/2011/05/16/domingo-de-feira/

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s