O ORAL permitirá o pagamento personalizado a case 100.000 veciños

diario_pontevedra.750

O plan personalizado de pagamento que a Deputación de Pontevedra,louzan
a través do ORAL, acaba de poñer en marcha para facilitarlle ao contribuínte o
cumprimento das súas obrigas tributarias, poderá beneficiar na provincia de
Pontevedra a case 110.000 persoas, das cales máis de 7.000 residen na bisbarra.

Así despréndese da análise dos datos correspondentes a 2013 facilitados polo organismo provincial, dos que se deduce que en torno a ese número de contribuíntes pagan anualmente máis de 240 euros en
concepto de IBI, IAE e Vehículos, xa sexa por un recibo único ou pola suma de dous ou máis.

A todos eles, o ORAL ofrécelles a posibilidade de acollerse a un plan que vai
permitir fraccionar en 8 cotas mensuais estes recibos, agrupándoos todos e xestionándoos como se dun só se tratarse.

Os interesados en acollerse a este plan -que ascenden a un total de 109.953 en toda a provinciapodrán facelo ata o 28 de febreiro. Os únicos requisitos son domiciliar o pagamento, non ter débedas pendentes en período executivo e facilitar un número de teléfono de contacto e dirección de correo electrónico, así como que os recibos que se queiran fraccionar superen no seu conxunto a cifra de 240 euros.

Isto ten como obxectivo que as cotas mensuais mínimas sexan de 30 euros, dado que o fraccionamento en cotas inferiores non resultaría eficiente, debido aos gastos que leva consigo.

Na bisbarra de Pontevedra, onde todos os concellos a excepción da capital están adheridos ao ORAL, constátase que son 7.642 os recibos de IBI que supera os 175 euros.
Abondaría, pois, con que os titulares deses recibos conten cun vehículo da súa
propiedade para que, sumado o imposto de circulación (que na maioría dos
vehículos supera os 70 euros), se consiga a cifra dos 240 euros que permite
acollerse ao plan personalizado de pagamento.

A maioría dos posibles beneficiarios deste plan na bisbarra concéntranse no concello de Poio, con máis de 4.000 contribuíntes. Nos demais concellos
(Barro, Campo Barroso, Cotobade, Vilaboa, Ponte Caldelas e A Lama) o número de posibles beneficiarios sitúase entre os 200 e os 900. IBI. Malia que aqueles contribuíntes que non consigan a antedito contía non poderán acollerse a este plan, si poden beneficiarse doutros sistemas que o ORAL ten en marcha para a facilitarlle o cumprimento do pagamento dos seus tributos.

Entre eles está o fraccionamento ordinario dos recibos (ao que pode acollerse calquera contribuínte) pero tamén o sistema especial de pagamento do IBI, posto en marcha no pasado exercicio (en dúas partes).

Deixar un comentario