Pontevedra lidera a caída do desemprego na comarca

la voz

Voz Barro .O paro, o que é para os españois o primeiro problema do país a día de hoxe (CIS dixit), acaba de dar un pequeno respiro co ano recentemente comezado. A cifra de desempregados na comarca quedou establecida a finais de decembro en 21.623 persoas, de acordo cos datos divulgados onte pola Consellería de Traballo, o que representa unha caída do 1,3 % en relación ao mes anterior e do 4,1 % en termos interanuais.

Traducido a números absolutos, quere dicir que preto de 300 persoas (284 para ser exactos) deixaron de figurar nas listas do antigo Inem ao termo do ano que acaba de dicir adeus.

Trasladados os datos ao ámbito municipal, a conclusión máis destacada é o papel fundamental que a capital xogou no mercado de traballo da comarca nos últimos doce meses. E é que o descenso do paro en Pontevedra foi do 5,2 % nun ano, ou o que é o mesmo, de 462 veciños. Só no último mes, a capital achegou 200 das 284 persoas que abandonaron as listas de desempregados en toda a comarca.

No resto de municipios, o balance interanual unha vez concluído o 2013 é positivo, pois o paro descendeu en todos os municipios salvo nun, Cuntis, onde os datos de Traballo arroxan un repunte do 5,2 %. Na comparativa con novembro, no entanto, hai seis concellos que viron como se deterioraba en maior ou menor medida o escenario laboral. Trátase de Ponte Caldelas, Vilaboa, Cuntis, Moraña, Cotobade, Barro e Campo Lameiro. Nos outros nove (ver táboa adxunta), a caída do paro oscilou entre o 0,7 % de Sanxenxo e o 7,3 % da Lama.

paro 1

Deixar un comentario