Laura Castro gaña o concurso de tortilla de Terras de Curro

diario_pontevedra.750

O cambio de data favoreceu un descenso na participación do Certame de Tortilla da Asociación Terras de Curro. Na edición de onte pasaron dunha veintena a catro participantes. Iso si, fixérono con receitas de gran calidade. O xurado tiña claro que, ademais da presentación, a tortilla debía responder a un canon clásico de sabor e buscar a excelencia. Por ese motivo se decantaron pola obra de Laura Castro, unha das participantes de máis idade e veciña que se leva unha cea para dúas en Parrillada Santi. A cita despediuse cun magosto.

TERRAS DE CURRO

Deixar un comentario