Comeza a liga de futbol de veteranos de Pontevedra

O pasado fin de semana comezou a Liga de futbolistas veteranos de Pontevedra, e na primeira xornada houbo moito fútbol e goles de varios equipos. Xogáronse algúns partidos adiantados ao coincidir coa Feira Franca, quedando o resto de encontros da xornada para xogarse entre semana.
A maior goleada produciuse no grupo 4A, no que o Poio Bar Monterrei derrotou a domicilio ao CTC Villalonga por un contundente cero a sete. Noutros grupos destacan as vitorias holgadas do Arcade Veteranos (4-1 ao Montaxes Igrexas), o Burgo 1973 CD (7-3 ao At. Seixo-Recuncho de Poty), o Ludeiros (0-4 ao Carballedo Vinoteca Vos Castros), o Bora Comesano-Nazaret FC (2-5 ao Dispaint Pinturas), o Vilariño-Cambados (1-5 a Cafetería Roberts), o Barro Veteranos (5-0 ao San Andrés de Lourizán) e o Peixes Neves (0-5 ao Armenteira), entre outros.
Por outra banda, mañá o Comité da Asociación vai ter unha reunión cos árbitros do Campionato para desexarlles sorte, animarlles e clarificar as ideas. Ademais, no caso de que algún equipo novo queira participar na liga, deberá poñerse en contacto coa Asociación canto antes. Comentar que o equipo do SDV Monteporreiro non participará finalmente no Campionato, polo que o rival que en principio xogaba contra eles, descansa nesta xornada inicial.

BARRO VETERANOS

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s