A Deputación deixa sen subvencións ás asociacións de Barro

A Diputación aprobou unha subvención de 470.548 euros a varias asociacións da provincia así como a entidades de iniciativa louzan social. O total das asociacións beneficiarias ascende a 119, que recibiron axudas de entre 1.000 e 6.000 euros.

En Caldas houbo unha única asociación beneficiaria que obtivo un importe total de 3.600 euros. Tamén Moraña contou cunha asociación, que foi subvencionada con 4.000 euros. En Marín serán dous as entidades que dispoñerán desta partida, cun importe total de 9.000 euros. En Sanxenxo atópanse 3 das 119 entidades subvencionadas, ascendido a cuantía da axuda a 14.560 euros. A cidade de Pontevedra é a segunda con máis asociacións beneficiarias desta axuda, por detrás de Vigo, trátase dun total de 14 entidades que recibirán un importe total 50.040 euros. Isto débese a que en Vigo e Pontevedra hai máis organizacións que prestan servizos especializados.

http://www.depo.es/documents/675401/1238209/Subv.+2013_2º%20trimestre.pdf/44f4287a-48de-4805-a33a-671a4d5f8d60

Deixar un comentario