Os Populares de Barro celébrano en San Breixo
No campo da festa de San Breixo (Barro), celebrouse onte unha comida homenaxe a José Antonio Landín Eirín, alcalde da localidade, con motivo da súa xubilación.
Aínda que a xubilación será efectiva dentro de tres semanas, Landín Eirín xa non volverá traballar como médico no hospital, por atoparse actualmente gozando das súas vacacións estivais.
O alcalde de Barro estivo arroupado na celebración por numerosos veciños que quixeron renderlle homenaxe nun día tan especial. Ademais, tamén estivo acompañado por alcaldes de municipios veciños como Campo Lameiro, Moraña, Meis e o Delegado Territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.
A Deputación de Pontevedra tamén quixo envíar representación á homenaxe, do mesmo xeito que outros municipios da provincia de Pontevedra.
