Os Socialistas de Barro queremos poñer de manifesto o secuestro a democracia que hai por gran parte da
corporación do noso concello. O pleno celebrado onte, como moitos outros , rematou unha vez máis cun – veña vamos por parte do alcalde para poñer fín á sesión. . Os rogos e preguntas do noso partido quedan habitualmente sen contestar e para solucionar estas falta de consideración cos nosos votantes e cos veciños de Barro, presentamos nesta ocasión por rexistro os rogos e preguntas, para que así tiveran respostas. Pensábamos que este sería o sistema definitivo para a nosas cuestións, pero, sen embargo, tampouco foi así. Outra vez este Alcalde demostra que as suas formas seguirán sendo sempre as mesmas: fago o que me peta e me da a gana. E aínda que predique os catro ventos que o del é vocación, a nos parécenos mais ben un falabarato que presume de que non cobra do concello, pero él sabe ben porque non o fai. Son trescentos euros os que cobra por cada comisión e pleno, e se botamos contas sae ben parado, xa que un dia coma onte con tres comisóns e un pleno, se leva para sua casa en hora e media, uns mil douscentos euros , que a ver quén os gaña nese tempo.
Os asuntos que figuraban nos nosos rogos e preguntas , tiñan bastante importancia e pensamos que o interés por darnos respostas era mais ben ningún. Só fomos capaces de que nos atendera na primeira cuestión que se refería a como ían os preparativos da festa do Viño, o uso da oficina do Sr. Alcalde por parte do seu fillo e amigos , e tamén a proposta para anos vindeiros de facer unha comisión de festas para o apartado da contratación musical. Ante a segunda pregunta e unha vez nombrado a palabra fillo, a Sra Teresa Roig, concelleira do PP , Muller do Alcalde e nai do fillo, salta coma unha verdadeira fiera con palabras ofensivas dirixidas o noso portavoz, ó tempo que o Alcalde lle di que cale e nos da unha resposta clásica dél, sen ningunha aclaración do tema e ademais levanta a sesión , sen deixar facer mais rogos , nin preguntas. O resto das cuestións esperamos resposta cando a sua vocación lle deixe. E así quedaron no tinteiro algunhas que o mellor eran un pouco incómodas, pero nos sempre as facemos con ánimo de que os veciños teñan resposta os seus plantexamentos e o mesmo tempo informar de arranxos , e desperfectos que hai en todas as parroquias.
José Sanmartín Soto
S.xeral e Portavoz municipal PSOE Barro.