NOTA DO BNG SOBRE O PLENO ORDINARIO CELEBRADO O XOVES

O xoves pola noite celebramos o pleno ordinario deste mes. Antes de empezar tomaron a palabra membros bng barroda plataforma de afectados das preferentes e subordinadas.
Dende o BNG manifestámoslle o noso total apoio, para evitar o roubo que lle quere facer o goberno do PP. Os tres grupos da corporación aprobamos a moción que nos propuxeron dende a plataforma, e mesmo o alcalde se comprometeu con eles a deixar o PP se non lle devolvían todos os cartos aos afectados. O futuro dirá se cumpre a sua palabra.
Tamén foi aprobada por todos a moción do BNG, en contra de que se eliminen os xuzgados de paz e os rexistros civís.
No punto de “rogos e preguntas”, o BNG pediu que se proceda a reparación de pistas do concello que están nun estado lamentable, así como ao desbroze de todas elas.
Tamén solicitamos que se cambie a sinalización incorrecta que hai en varias das estradas que discorren polo concello.
Con respecto ao intento de legalizar a casa da Comunidade de montes da Portela, pedimos que xa que se gastaron un feixe de cartos veciñais nuha obra ilegal ( POR CULPA DE QUEN O FIXO E MÁIS DE QUEN O CONSENTIU), que no proceso da posible legalización da mesma, que se teña o máximo respecto pola legalidade, sin buscar atallos nin facer chapuzas.

Deixar un comentario