A Deputación pontevedresa acaba de facer entrega dun lote de publicacións con 40
títulos a un total de 124 bibliotecas da provincia, a fin de completar as súas coleccións literarias. Trátase de obras cunha temática variada e, entre outras, inclúense «Escritos sobre Velázquez»; «Goya no Museo de Pontevedra»; «As nosas raíces. Pontevedra e Chamoso Lamas»; «Cabargolas e vos artistas galegos do seu tempo»; «Os Granell de André Breton»; «María Victoria de la Fuente. Muller e arte»; «Retratos de Valle-Inclán» ou diferentes publicacións con Castelao como protagonista.
Na comarca, os concellos que recibiron os lotes para as súas bibliotecas foron os de Barro, Bueu, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Cotobade, Cuntis, A Lama, Marín, Moraña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Portas e Sanxenxo.
