Afectados por preferentes irrompen en sucursais de Novagalicia Banco en Caldas

A plataforma de afectados polas preferentes do Umia protagonizou onte a súa primeira acción de protesta na comarca, irrompendo bocina en man nas dúas sucursais que Novagalicia Banco ten en Caldas de Reis, repartindo folletos entre os clientes que accedían e, ata, durante uns breves instantes, cortando o tráfico no paso de peatones da rúa José Salgado, onde estenderon unha pancarta. Foron poucos, pero conseguiron o seu obxectivo: gañar adhesións para a plataforma.

Algúns cidadáns achegábanselles preguntando pola recente constitución do colectivo, os afectados congregáronse primeiro na sucursal do paseo Román López, onde o director “díxonos se queriamos falar con el. Non sei con que obxectivo, supoño que intentar que non perturbaramos a actividade” normal da oficina, explica Alberto Pereira, portavoz da plataforma.

Ese diálogo, finalmente, non se produciu e os manifestantes, coas súas visibles camisetas rosas, desprazáronse á outra sucursal, na rúa Mateo Sagasta a continuar repartindo folletos e pegatinas co lema “Non imos parar ata os cartos recuperar”.
Pereira explicou, sobre a baixa participación de afectados nesta protesta, que “acode a xente que pode. Confiemos en que a asistencia sexa máis numerosa nas próximas accións” que organicen. Anuncian visitas ás sucursais de Portas, Cuntis, Moraña e Barro e tamén a súa presenza nos plenos destas localidades. Os máis inmediatos, os de Barro, Portas, Cuntis e Caldas.

O alcalde caldense, Juan Manuel Rei, afirmou que a plataforma conta con “o noso máximo apoio xa que son pequenos aforradores inmersos en circunstancias inxustas e que non se merecen”. En canto á súa anunciada presenza no Pleno, Rei avanza que “faremos o que eles queiran. Si forzan a suspensión, suspenderémolo e apoiaremos as súas reivindicacións”.
Á marxe destas protestas, a plataforma está en contacto cun bufete de avogados para que asesore aos afectados sobre medidas xudiciais a adoptar alternativas á vía do arbitraxe.

afectados preferentes /

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s