O CEIP Amor Ruibal de Barro entregou onte o premio Mimi que na súa quinta edición recaeu na rapera viguesa “AÍD”. O galardón é un recoñecemento a aquelas persoas que utilizan e fomentan o idioma e a cultura galega. A candidatura de “AÍD” impúxose ás de Agustín Fernández Paz, Fina Casalderrey, Anxo Alfonso Piñeiro e ao programa da TVG2, “Vos axóuxeres”. O premio é unha talla elaborada por Rodríguez Remiseiro.

